Premio Deputación da Coruña a proxectos sobre o Reino de Galicia 2022.
Nunha Galiza en tensión por manterse como reino independente, sete infantes raptan a Nuno, o primoxénito do rei García II. Un enigmático cabaleiro francés, de nome Roldán, inicia unha aventura de rescate sen freo que deixará como rastro un río de sangue. A traizón a un rei ten un prezo.
Inacio e Iván Suárez adaptan de xeito maxistral esta obra dunha das mellores plumas do romanticismo, Victor Hugo, que fixou a súa mirada no derradeiro rei de Galiza para rimar un relato épico e poético que resulta imperecedoiro e fresco.
1º-2º ESO
1º-2º ESO
5º-6º Primaria