Doyle, Arthur Conan Sir (1859-1930)

Sherlock Holmes. A liga dos roibos / Sir Arthur Conan Doyle - 1ª ed. - A Coruña : Bululú , 2022 - 118 p. : il. b/n ; 21 cm - Sherlock Holmes para pequenos detectives ; 6 .

A liga dos roibos é o sexto título desta colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Grazas á súa narrativa áxil e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar o amor pola lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives.

A través das crónicas do Dr. Watson compartiremos as súas aventuras cheas de misterio, roubos e asasinatos.

“A LIGA DOS ROIBOS busca un novo membro que se ocupe de pequenas tarefas. Ofrécese un salario de CATRO LIBRAS por semana. Consideraranse todas as candidaturas de homes roxos maiores de vinte e un anos e que gocen de boa saúde”

Tras o abrupto e inesperado final do traballo de Jabez Wilson para a Liga dos Roibos, este pídelle a Holmes que descubra que hai detrás de todo aquel asunto. O que comeza coma unha simple investigación acaba converténdose nunha perigosa misión nocturna dirixida por Holmes para evitar un espantoso crime.

3º-4º Primaria

9788418667534


Holmes, Sherlock (personaxe de ficción)


Asesinatos--Novelas
Detectives
Detectives
Asasinatos

82-N

Coa tecnoloxía Koha